Obradoiros de estimulacion da memoria


Obradoiros deseñados para manter, restaurar ou mellorar as capacidades funcionais, que lles permiten seguir sendo persoas independentes nas actividades básicas e instrumentais da sua vida diaria.
Potenciar a nivel cognitivo aqueles mecanismos neurolóxicos que frenan a pérda de memoria.
Estimular a participación en actividades que melloran a saude física, mental e afectiva dos usuarios.
Facilitar as relaciones personais entre os usuarios, para que atopen puntos de apoio.

Obradoiro para os nosos maiores


Obradoiros deseñados para fomentar a convivencia das persoas maiores afectadas por un deterioro cognitivo, para evitar a soledad e o illamento social, a través de actividades rehabilitadoras e terapéuticas que retrasen, manteñan e recuperen na medida do posible todas aquelas capacidades físicas, funcionais, mentais e sociais que permiten a persoa maior ser independentes en todlos sensos.

Mesa redonda alcohol e sociedade


Ciclo de charlas-coloquio onde se tratarán dende diferentes puntos de vista as causas do consumo de alcohol por parte da xuventude, as consecuencias do mesmo e, por riba de todo, as
posibles medidas, alternativas e solucións a implementar para a paulatina superación desa realidade.

Nutricion e Habitos alimenticios saudables


Actividade onde se divulgaran os principio básicos de obrigado cumplimento para poder levar un alimentación axeitada dende o punto de vista nutricional e fisiolóxico, así como as principais
causas e sinais dos trastornos alimentarios máis comúns na nosa sociedade.


Mais información en :
www.breogandexestion.com

Seminario sobre enfermidades especificas



Charlas onde se abordaran enfermidades que afectan a sectores diferenciados da sociedade, como poden ser a osteoporose e o cancro de mama.

Coidando o coidador


Obradoiro de atención e reforzo psicoloxico para coidadores profesionais e non profesionais de persoas dependentes. Inclúe métodos, técnicas e pautas de comportamento para axudar a
superar o desgaste mental e as cargas emocionáis que supón a súa labor (control do estrés, técnicas de relaxación, control da implicación emocional, etc.).