Mesa redonda alcohol e sociedade


Ciclo de charlas-coloquio onde se tratarán dende diferentes puntos de vista as causas do consumo de alcohol por parte da xuventude, as consecuencias do mesmo e, por riba de todo, as
posibles medidas, alternativas e solucións a implementar para a paulatina superación desa realidade.

Nutricion e Habitos alimenticios saudables


Actividade onde se divulgaran os principio básicos de obrigado cumplimento para poder levar un alimentación axeitada dende o punto de vista nutricional e fisiolóxico, así como as principais
causas e sinais dos trastornos alimentarios máis comúns na nosa sociedade.


Mais información en :
www.breogandexestion.com

Seminario sobre enfermidades especificas



Charlas onde se abordaran enfermidades que afectan a sectores diferenciados da sociedade, como poden ser a osteoporose e o cancro de mama.

Coidando o coidador


Obradoiro de atención e reforzo psicoloxico para coidadores profesionais e non profesionais de persoas dependentes. Inclúe métodos, técnicas e pautas de comportamento para axudar a
superar o desgaste mental e as cargas emocionáis que supón a súa labor (control do estrés, técnicas de relaxación, control da implicación emocional, etc.).